Friday, April 28, 2006

 

Mais boicotagens polos Campus






Comments:
eu falo galego desde que nacin, de feito o castelan aprendino na escola e ademais os mestres falaban todos en castelan, incluso dando a clase de galego. na miña terra deuselle a entender a xente que o idioma do progreso era o castelán, e porque? porque nunca houbo iniciativas que defendesen o galego, e hoxe de feito ainda non as hai, pois senon non se explica como moitos rapaces falan en castelan cando na casa falan ainda en galego. eu non son reintegracionista, ou polo menos ainda non o teño claro, pero penso que calquer iniciativa é boa para dinamizar o emprego da nosa lingua, para conservala, porq cada lingua é un xeito de velo mundo distinto e se se perde estamos a perder un patrimonio importantisimo pra toda a humanidade.`pareceme que é de idiotas reivindicar o uso do galego por falalo de sempre, porq un idioma non é de propiedade individual, é de todos, dun pobo. se chegan neofalantes pois benvidos sexan porque non creo que lle fagan ningun dano, ou cres que si, porq se cres que si estaras suicidando a nosa fala.
 
si, pode que pra xente coma ti, sexan vandalicos,mais que fas ti, que propos para cambiar a situacion da nosa lingua q a falas desde pequena??? que facer cando a represion española,imposta a sangue e ferro desde hai seculos nos impide traballar pola nosa lingua...q facer cando falar galego por culpa da presion españolista non é falar ese chamado idioma universal,q nos queda? protestar como podemos, defender o que é noso e non cruzarnos de brazos a ver como morre. e senon dime ti, q debemos confiar nos gobernos da xunta, tamen o actual, vendidos o castelan,q non lle importa nada do noso pais, so as ganancias, de reparto deixannos os gastos? non seras capaz de dicirme q na galiza hai un bilinguismo harmonico? negasme que sobre todo nas zonas do rural se alenta os nenos a falar castelan, q non se lles impon o castelan de maneira q pensan q o galego non triunfa?
 
o problema do noso pais como dicia o gran castelao e que sempre tivemos moita fe de que os de fora vannolo arranxar todo... ese é o noso problema,que temos a fé das ovellas. senon o facemos nos non o fara ninguen. como dicia castelao: "hai que petar na ialma do pobo ata espertala" ti como propos que petemos???? ah! por certo! eu tamen creo na LIBERDADE, de poder usar o meu idioma por q é meu e nacin con el, na liberdade de ser quen son: GALEGO, porque non o dubides,se perdes a tua identidade deixaras de ser alguen, se deixes q se borre e non a defendes, enton es complice de asasinato.
 
pra contestarlle o galego rural,dicirlle que eu tamen son un galego rural. e non estou a dicir que oficialmente no rural se estea a obligar aos rapaces a falaren o castelan, estou a dicir que a presion do español estao a provocar e con exito, desde os medios por ex. entre outros moitos factores.eu vexo como a moitos rapaces q na sua aldea estaban a falar galego de sempre ao chegar aos institutos,que estan na cidade, falan o castelan pola presion que este exerce nos novos daquel lugar e que contaxia os das aldeas pois surxe neles un certo complexo de inferioridade. esto é totalmente certo e aquel que non o vexa esta cego, pois eu vivin ata o dia de hoxe na aldea e xa levo visto moitos casos nos que os rapaces so falan o galego na casa e cos veciños, e o sair cos amigos e demais, falan castelan... eso chamase diglosia e a diglosia pode matar ao noso idioma,porq este complexo sera o que faga que o dia de maña eses rapaces de hoxe que lle pasa isto lle falen aos seus fillos castelan. dise q o rural foi o principal baluarte do galego, o que o fixo sobrevivir, e penso q a dia de hoxe segueo a ser, pois non podemos ainda confiarnos do fenomeno dos neofalantes, non é forte dabondo. sedeixamos q se derrube o noso principal bastion, o rural, estaremos avocados a desaparecer como pobo, porq o unico q nos fai ealmente pobo é a lingua. esto q digo non é somente unha opinion, senon q é demostrabel pola experiencia de seculos.
para rematar dicir q a discusion que tedes co reintegrado, non é asi. os reintegrados falan igual ca nos, somente defenden o emprego doutra grafia,q se derive,quizais(non estou seguro),do galego-portuges. porque o galego de hoxe toma moitas grafias do castelan porq os precursores non tiñan outras nas que apoiarense.penso q o q queren é unha evolucion mais natural,cousa na que se equivocan porq non se pode volver atras para cambiar as cousas... e agora xa é tarde para facelo, por iso eu non me considero reitegracionista. mais ainda asi respetoos e parecenme que teñen tanto dereit coma os demais a selo. ainda que eu preferiria o q o galego rural dixo,é dicir, q houbera unidade. que todos toquemos a mesma, porq so o dia q esto suceda poderemos salvar ao galego.
 
porque empregas a emigracion falandonos dos taxis catalans que veñen aqui en veran de vacacions? a santo de que? nos estamos a falar aqui da lingua e ti estaste a ir por derroteiros. que carallo ten que ver a xenetica? si,xa vemos que es un tipo cun bo curriculum, moi listo, tranquilo. em galego so estaba a falar dun exemplo, e ti non es quen de dicir se ese tipo é ou non filologo porque non rebates o porque do que dixo e, en segundo lugar porque non o coñeces, simplemente te adicas a dicir que os catalans son uns neocolonialistas non sei a conto de que.
non sei se os foucistas van salvar a gran nazon galega, se se convencen a si mesmos, pero a lo menos fan cultura e atraen a bastante xente aos seus locais. traballan pola xente, poden estar errados pero son coherentes co que pensan, cousa que non fan outros. os cales pasan o dia a laiarse pola situacion do idioma, van a algunha manifestacion e logo volven a casa pra seguirense a laiar co corpo ben descansado, eso si.porque sabes unha cousa? esa xente tamen traballa pra sobrevivir, non se adica a facer so isto, e tomanse a molestia de facelo.por algo será.
eles crense os elixidos e ti creste o infalible papa.si, claro que tes algo de crego porque es un dogmatista. por sorte os galegos xa non van a sega a castela a ser explotados. si, eu tamen teño visto a eses galegos retornados ao rural no veran, que se meten nos seus chalets e se poñen a dicir que todo esta moi mal, pero logo eles marchan de novo para outro lado. e non quero dicir con isto q sexan todos, pero haiche moitos.


por certo, non me dixeches se me equivocaba no da diglosia, se os rapaces no rural non estan a abandonar o galego. espero ansioso a tua resposta.
 
dicir que non existe ou q hai pouca diglosia é non ver, e perdoa que cho diga,é non ver mais ala das narices. se es do rural e non ves a diglosia e simplemente q estas cego.haina nos centros de saude vista por min moitas veces, nos concellos(en alguns), etc. eu tampouco quero polemizar so apotar. eu non digo que haxa que impoñer idioma algun a alguen,somente digo que hai que amparar a quen o fala, combatir a diglosia non a golpe e porrazo senon desde os distintos ambitos. por iso e moi importante que no novo estatuto o noso idioma sexa un deber, e se poida empregar coma o castelan, cousa que ainda q deberia facerse non se fai. hai que rematar ca presión mediatica e cultural que esta asoballando ao galego. non creo que as pintadas sexan os mellores metodos, pero tampouco son os piores. cando hai pintadas sobre outras causas, ninguen protesta como facedes nin se escandaliza tanto, ou lle resulta indiferente ou esta dacordo. pero claro, esta causa parece non ser unha causa lexitima.non esta ben que se queira amparar o galego, eso é cousa de nacionalistas q son criminais. si, claro, pero os españois que falan español na galiza non son nacionalistas o negarse a aceptar os dereitos do galego. os que defende a españa a "capa y espada", non son nacionalistas... son universalistas, falan o idioma universal(como os animais)... o lexitimo é moderno e ser dunha cultura unica, a mellor, a española.
pois se os idiomas deben servir pra entendermonos todos tan lexitimo é un coma o outro, que na constitucion diga que a lingua oficial do estado e tamen galego vasco, catalan. e se os pequenos da galiza teñen q aprender castelan, que os de, por ex. , madrid aprenda galego. que se poida aprender e falar todo con igualdade, se superposicions.
en canto ao que dicia eu, dicirlle que si que se pode facer moito, nada esta perdido, porq todos xuntos podemos. non vale eso de dicir q como ninguen vai facer nada eu tampouco fago nada, por q como me dixo unha mestra miña do instituto que falaba castelan, se queres cambiar o mundo empeza por ti mesmo, da exemplo e alguen te seguira. e digo q falaba castelan, porque a superioridade como dicia castelao non esta no q se fala, senon no que se sabe, no q se di...
podemos chegar onde queiramos, conseguir o que queiramos, so temos que movilizarnos, a union fai a forza, todos xuntos podemos. pero se ti mesmo empezas a vacilar e entrar nesas posturas nunca faremos nada. pode q non se consiga, pero ninguen podera dicir q non o intetamos, e senon o conseguimos nos, sentaremos precendente, e é moi probable q nun futuro alguen o faga... pra rematar co rollo, dicir que as ideas nunca morren ou como di a cancion a xente vaise e as obras quedan...
 
Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?